A ACES entregou os premios aos gañadores da campaña de San Valentín
SarriaXa
A ACES entregou os premios aos gañadores da campaña de San Valentín 'O teu corazón pide Sarria' do 1 ao 14 de febreiro
23 Feb 2023
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria entregou os premios aos gañadores da campaña de San Valentín 'O teu corazón pide Sarria' nas oficinas de ACES.
Os agraciados foron: Roberto Vázquez por unha compra en Moncho Moda, José Luis López Rivera por unha compra en Veiga Calzados, Pamela López Fernández que fixo a súa compra en Joyería Salgado e por último, Antía López López por unha compra na Xoyería Díaz.
O presidente, Ricardo Arias, foi o encargado de entregarlle aos premiados catro ceas para dúas persoas nos establecementos hostaleiros Hotel Alfonso IX, Restaurante O´Descanso, Restaurante Roma e El Parisien.