A ACES organiza a súa octava edición de 'Outlet de inverno' en case trinta establecementos sarriaos

SarriaXa
A ACES organiza a súa octava edición de 'Outlet de inverno' en case trinta establecementos sarriaos
outlet aces
21 Feb 2023

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU Sarria, desenvolve este venres e sábado (24 e 25 de febreiro) a súa octava edición do 'Outlet de inverno'.

Durante eses dous días, preto dunha trintena de establecementos de ACES participarán nunha campaña de grandes descontos organizada e promovida polo Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES, en colaboración coa Xunta de Galicia.

Os comercios participantes, que pertencen na súa maioría ao sector da moda e calzado, estarán identificados cun distintivo visible nos seus escaparates que incluirá un QR cun mapa onde estarán localizados todos os establecementos.

Esta iniciativa ten como obxectivo principal impulsar e facer promoción do comercio de proximidade nun momento moi complexo para as vendas.

Establecementos

O lugar escollido para celebrar esta actividade serán os propios comercios participantes, en horario comercial habitual de mañá e tarde.

Os establecementos son: 123 Escondite Inglés (puericultura), Atmósfera sport, Barja Shoes, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorin Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Electronova, Isabel Moda, Joyería Salgado, Lar de Menchu, Latas pinturas y hogar, Los sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport Sarria, Moncho Moda, Peregrinoteca, Sabrina Moda, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida.

Terán unha zona outlet, con prezos super-recortados do excedente da tempada de rebaixas de invierno ou stock existente de tempadas anteriores.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16047096252441