A ACES organiza un sorteo dun vale de 200 euros por mercar no comercio local polo Día da Nai

SarriaXa
Baixo o lema 'Mamá dacho todo, dálle ti o mellor, merca produto local', a iniciativa busca incentivar as compras no Centro Comercial Urbano de Sarria
sorteo-Día-da-Nai-ACES-Sarria
23 Apr 2025

Ata o 4 de maio está en marcha a campaña do Día da Nai promovida pola Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES-CCU).

Baixo o lema Mamá dacho todo, dálle ti o mellor, merca produto local, a iniciativa busca incentivar as compras no Centro Comercial Urbano de Sarria, coincidindo coa celebración desta data tan especial.

Durante este período, as persoas que merquen nos establecementos adheridos á campaña participarán no sorteo dun vale de 200 euros, unha motivación extra para elixir o comercio local á hora de adquirir os agasallos para as nais.

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia e forma parte do compromiso da asociación por dinamizar a actividade económica da vila e promover o consumo responsable e de proximidade.

⚙ Configurar cookies
0.069063901901245