A ACES presentará a súa Campaña de Nadal 2023-2024 o vindeiro martes, 12 de decembro
O Centro Comercial e Urbano-ACES de Sarria presentará o vindeiro martes, 12 de decembro, a súa Campaña de Nadal 2023-2024, que terá lugar no establecemento “Juguetería 1,2,3 Escondite Inglés” ás 12.30 horas.
Ricardo Arias, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios – CCU de Sarria, presentará todas as actividades previstas para a campaña de Nadal de este ano.
Esta, explican desde a entidade, é "unha campaña chea de actividades e premios", que comeza co LOTÓN o vindeiro xoves día 15 de decembro.
Así, din que será "un nadal repleto de actividades no comercio local, con mil euros en xogo que se sortearán o 2 de xaneiro. Todo para repartir entre os clientes que confían e apoian o comercio do Centro Comercial Urbano de Sarria", inciden.