A Aces sortea as ceas da súa campaña de San Valentín

SarriaXa
A asociación deu a coñecer o nome das catro persoas agraciadas no sorteo de ceas nos locais de hostalería do municipio
aces sarria entrega premios san valentín
18 Feb 2021

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (ACES) vén de dar a coñecer o nome dos premiados na campaña 'Namórate da hostalería', que puxeran en marcha con motivo da celebración do Día dos Namorados o pasado 14 de febreiro.

Os comerciantes sorteaban catro ceas entre os clientes que fixeran compras nos seus establecementos asociados entre os días 4 e 14 de febreiro.

As afortunadas foron Eva López, Carmen Gómez Torrón, Isabel Hospido Vázquez e Merce Arias López. Todas elas gozarán dunha cea en locais de hostalería da localidade sarriana cando as restricións adoptadas pola covid-19 o permitan.

O obxectivo de ACES co lanzamento da campaña 'Namórate da Hostalería', era mostrar o seu apoio á hostalería, un sector practicamente paralizado nestes momentos por mor da pandemia, e ao mesmo tempo incentivar as compras no pequeno comercio do municipio.

0.19474697113037