A Administración de Loterías nº1 de Sarria, Alecrín Dourado, reparte un premio millonario
A combinación de números 12 32 25 14 3 17 co complementario en 6 e o reintegro en 8 deixou un premio de 1.977.363 euros na Administración de Loterías nº1 de Sarria, Alecrín Dourado, situada rúa Marquesa Casa López.
O premiado, un sarriao de case 40 anos de idade que vive no casco urbano da vila. Acostuma a realizar apostas no sorteo de euromillóns e na bonoloto, xoga a lotería só en ocasións e datas especiais como a de Nadal. Nesta ocasión, foi unha combinación de máquina a que lle deu o gran premio.
Pola súa parte, a encargada desta sede de lotería María José López mostrouse moi ilusionada de poder repartir un premio destas dimensións. Leva a cargo desta administración catro anos e estes case 2 millóns de euros é o maior premio que se reparte desde esta oficina. “Cando me chamaron da Delegación contando que o boleto premiado se repartira nesta sede non mo podía crer. Isto é un premio moi grande xa que cando vendes loterías o único que queres é dar premios polo que a emoción é moi grande e axuda a superar o día a día, sobre todo nestas datas onde se está a vivir a época do Nadal e a sobrecarga de traballo que conleva. Espero que sexa un preludio do que acontecerá o día 22 de decembro e que motive aos sarriaos a pasarse por aquí para probar sorte. Desexo que isto solo sexa o principio”.
Antes de coñecer ao gañador, María José xa sospeitaba que ao ser o boleto premiado semanal, tería que ser un dos veciños que acostuma a realizar este tipo de aposta. Non se equivocou e ao longo do día de hoxe o premiado, que prefire manterse polo de agora no anonimato, confirmou as súas sospeitas.
Bonoloto
Este tipo de sorteo permite realizar unha aposta semanal de luns a sábado por tan só tres euros. O bote máximo vaise acumulando ata que unha das persoas acerta a combinación completa. Este boleto galardoado foi o único de primeira categoría e houbo outros cinco boletos de segunda categoría.
O maior premio repartido por María José López
María José López leva a cargo desta sede de loterías de Sarria dende fai catro anos. O premio deste martes de casi dous millóns de euros é o máis grande que tivo a honra de repartir, aínda que espera que non sexa o último.