A alcaldesa de Paradela entregou aos nenos do Ceip o material do Programa de Pacto de Estado
A alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet, fixo entrega do material do Programa de Pacto de Estado no Ceip Plurilingüe San Miguel de Paradela.
Baixo o lema “Xogando en igualdade” levouse a cabo este programa, co obxectivo de fomentar o xogo e o uso de xoguetes igualitarios no ámbito escolar, especialmente nas primeiras idades onde todos estes elementos inflúen profundamente na construción da personalidade e da identidade.
Así, dotouse ao colexio dunha variedade significativa de xogos sen identidade de xénero e de libros de promoción da igualdade. Tamén se dotou dunhas “mochilas viaxeiras” para que cada neno e nena poida levar parte deste material as súas casas e sexa compartido coas familias.
A maiores, cada neno e nena, recibiu de man da alcaldesa de Paradela un agasallo consistente nun ioió e nunha chapa identificadora do Programa.