A alcaldesa de Samos explica que o antigo goberno local deixou unha débeda de case 900.000 euros

SarriaXa
A alcaldesa de Samos, María Jesús López, vén de poñer de manifesto que o ex alcalde de Samos, Julio Gallego, deixou pagos pendentes por valor de 874.
Pleno alcaldía Samos
28 Sep 2023

A alcaldesa de Samos, María Jesús López, vén de poñer de manifesto que o ex alcalde de Samos, Julio Gallego, deixou pagos pendentes por valor de 874.785,54 euros tras 16 anos na alcaldía.

Esta afirmación vén da necesidade de demostrar, por parte do actual goberno local, que as verbas que sostén Gallego arredor do municipio, presumindo de deixar un millón de euros de remanente nas arcas municipais, pero "non conta que eses cartos estaban comprometidos para pagar contratos e obras iniciadas durante o seu mandato", explica a rexedora. "Esa é a realidade coa se atopou o actual goberno municipal tras tomar posesión o pasado 17 de xuño".

Así, defende que cando tivo acceso ás contas, o saldo era de 851.320 euros, pero entre os pagos aos que o Concello ten que facer fronte nos vindeiros días e que estaban comprometidos desde a etapa de Gallego, a obra da praza da Horta da Botica, por 147.546,88 euros, e o ingreso ao IDAE polo contrato de alumeado público pola cantidade de 727.238,66 euros, en total ten que pagar 874.785,54 euros.

En contraposición, o actual goberno de Samos "aposta pola transparencia e quere que os veciños coñezan o verdadeiro estado das contas municipais e non o fume que venden o ex-alcalde e o Partido Popular", referíndose ao voceiro popular e fillo do ex alcalde.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17143797874451