A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, candidata ao premio Alcaldesa Rural 2026

SarriaXa
A rexedora foi seleccionada entre as oito aspirantes a este recoñecemento dos Premios Mujer Rural Galicia, que se entregarán en San Xoán de Río
Olga-Iglesias-(1)
3 Feb 2026

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, foi elixida como unha das oito candidatas ao premio Alcaldesa Rural 2026, un galardón incluído nos Premios Mujer Rural Galicia, que buscan poñer en valor o papel das mulleres no desenvolvemento e transformación do medio rural galego.

As votacións para esta categoría permanecerán abertas desde hoxe ata o 15 de febreiro, nun proceso no que as tres candidatas que acaden un maior número de apoios pasarán á fase final. Entre esas finalistas, un xurado especializado será o encargado de elixir á gañadora definitiva do recoñecemento.

Os Premios de la Mujer Rural de Galicia 2026 están enmarcados no Congreso de la Mujer Rural, que se celebrará en San Xoán de Río, na provincia de Ourense. Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer, visibilizar e destacar o liderado, a traxectoria e o impacto de mulleres que contribúen activamente á dinamización do rural desde ámbitos institucionais, sociais, económicos, culturais e emprendedores.

A presenza de Olga Iglesias entre as candidatas supón un recoñecemento ao seu labor á fronte do Concello de Triacastela e ao seu compromiso coa mellora e a proxección do territorio rural.

⚙ Configurar cookies
0.072659015655518