A aldea modelo de Trascastro no Incio pode optar a unha liña de axudas da Xunta

SarriaXa
La aldea modelo de Trascastro en O Incio podrá optar a una línea de ayudas de la Xunta para la mejora de servicios básicos.
o incio trascastro 3
30 Xan 2022

As aldeas modelo das que forma parte Trascastro no Incio, poderán desfrutar dunha liña de axudas da Xunta para o financiamento de proxectos que axuden a mellorar e ampliar servizos básicos dos lugares.

Unha aldea modelo é un tipo de instrumento de recuperación da terra agraria que ten como obxectivo poñer en produción de maneira sostible, as terras abandonadas da alta capacidade produtiva que rodeas os núcleos de poboación, contribuíndo así á creación de actividade agrogandeira e a redución do risco de incendios.

A aldea modelo de Trascastro foi a primeira declarada como tal na provincia de Lugo. Conta con 14 hectáreas de terreo. O proxecto levado a cabo neste punto desde a súa declaración supuxo a roza da zona que serve para manter e alimentar vacas cachenas dun gandeiro da zona. O sistema de produción é en extensivo, as vacas están en liberdade e o manexo é máis complexo.

Outro dos proxectos que se está a desenvolver na aldea modelo de Trascastro foi a recuperación da produción de castaña nos soutos tradicionais da zona.

A primeira convocatoria destas axudas dispón dun total de 1.093.333 euros. Os proxectos que se presenten e reciban a axuda deberán estar executados o 30 de setembro de 2022.

0.18819808959961