A andaina contra a violencia de xénero sae dende Triacastela

SarriaXa
O sábado 13 de novembro haberá unha andaina en contra da violencia de xénero. A ruta será de 5 km e sairá de Triacastela.
andaina rural violencia xenero
10 Nov 2021

GDR Ribeira Sacra – Courel organiza unha andaina en contra da violencia de xénero.

A ruta será de 5 quilómetros e suporá unha seña de apoio entre as mulleres.

O punto de encontro será a Casa do Concello de Triacastela ás 11.15 horas dende alí os participantes desprazaranse en autobús ata Fillobal para realizar a ruta.

A hora de chegada á Casa do Concello de Triacastela será ás 13.00 horas e ás 14.00 convidarase a un aperitivo.

O grupo organizador, GDR facilitará unha prenda conmemorativa aos participantes.

O aforo é limitado por iso é preciso realizar a inscrición antes do día 11 de novembro ás 20.00 horas no seguinte correo: info@ribeirasacracourel.es

andaina rural violencia xenero
0.1639518737793