A ANPA do CEIP de Triacastela organiza unha charla sobre prevención de conflitos e habilidades persoais

SarriaXa
A sesión, impartida por Pilar Porral, celebrarase dentro do programa de igualdade subvencionado pola Xunta e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
colexio-CEIP-Triacastela
11 Nov 2025

A ANPA do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela continúa coa súa programación de actividades coeducativas e de igualdade e convoca ás familias a participar nunha charla sobre prevención de conflitos e habilidades persoais, que se desenvolverá o vindeiro martes 11 de novembro ás 19:00 horas en formato en liña.

A sesión estará dirixida por Pilar Porral e forma parte dos obradoiros promovidos pola entidade educativa no marco dun programa financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

As iniciativas, que inclúen propostas baseadas no teatro, nas xincanas, na radio e na publicidade, desenvólvense durante os meses de outubro e novembro co obxectivo de fomentar a igualdade de xénero e promover a convivencia positiva tanto no alumnado como nas familias.

⚙ Configurar cookies
0.06653094291687