A Anpa Freí Luis de Sarria aposta por contacontos, proxeccións e conferencias no 25N
Este 25 de novembro, a Anpa Frei Luis de Sarria promove unha serie de actividades con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O programa, que conta coa colaboración do Concello, comezará ás 17.00 horas na casa da cultura.
A inauguración da xornada levarase a cabo mediante a interpretación dunha peza musical da man de Tomi Solano e Lorena do Val. Ademais, Isabel Vergara, concelleira de Igualdade, encargarase da lectura do manifesto da FEGAMP.
A partir das 17.15 horas, dará comezo o ciclo de conferencias sobre igualdade e familia con María García López, sobre igualdade e cultura con Nerea Brei e sobre igualdade e deporte con Adrián López Armesto. A continuación, proxectarase o vídeo do proxecto ‘Convivindo na igualdade’ da ANPA do colexio de Sarria. Neste senso, o equipo de fútbol sala do CEIP tamén presentará a súa vestimenta ‘Convivindo na igualdade’,
A partir da 18.00 horas, os asistentes poderán gozar do contacontos ‘A galiña Cocorina‘. Esta actividade virá acompañada do obradoiro de cociña ‘Cociño con papá‘ e dunha merenda saudable para a cativada.