A ANPA Ricardo Gasset do Incio impulsa obradoiros sobre igualdade e pensamento crítico para o alumnado

SarriaXa
As sesións, organizadas en colaboración con Outonía, abordan a imaxe da muller na publicidade dixital, os roles de xénero e os estereotipos de beleza
obradoiros-de-igualdade-no-Incio
17 Oct 2025

A ANPA Ricardo Gasset do Incio puxo en marcha unha serie de obradoiros formativos, en colaboración co colectivo Outonía, dirixidos ao alumnado de educación infantil e primaria co obxectivo de promover a igualdade desde idades temperás.

A través destas actividades, os nenos e nenas aprenden a desenvolver o pensamento crítico arredor da imaxe das mulleres na publicidade dixital e reflexionan sobre os cánones de beleza e os roles de xénero presentes na sociedade actual.

Ademais, durante as sesións analizan imaxes, stickers e ilustracións empregados en aplicacións de mensaxería e redes sociais, co fin de identificar mensaxes discriminatorias ou estereotipadas e promover unha visión máis igualitaria e respectuosa da comunicación visual.

⚙ Configurar cookies
0.064895153045654