A antesala do Napalm Fest, o Warm Up do Buril, terá lugar esta noite

SarriaXa
O local de música rock sarriao acolle esta iniciativa como un quencemento de motores para o Napalm Fest, que se celebra o 19 de outubro
buril-napalm-fest
27 sep 2024

O Buril ACDE organiza un evento como antesala do Festival Napalm Fest que se desenvolverá o vindeiro 19 de outubro. Este, baixo o nome de 'Warm Up', terá lugar este venres 27 de setembro.

Desta maneira, co Warm Up comezarán os eventos no marco da clásica cita 'underground' e independente. Con todo, as portas do Buril abriranse o venres ás 21.00 horas e as persoas interesadas deberán pagar unha entrada de 10 euros.

As bandas que actuarán neste acontecemento serán Sounds Of Broken Souls, unha banda de Madrid; Dioivo metal, de Vigo; e a banda de death metal progresivo da Coruña Crystal Somnia.

0.14346098899841