A antiga escola de Láncara acolle dúas novas actividades deportivas durante este curso

SarriaXa
Organizadas pola Asociación Cultural Val de Láncara, unha estará destinada a mellorar a mobilidade e a segunda consiste no movemento ao ritmo da música
antiga-escola-lancara
6 sep 2024

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza dúas novas actividades deportivas para comezar este novo curso con moito ánimo.

Así, todos os xoves ás 19.25 horas terá lugar a clase de CIRCL Mobility, baseada no movemento funcional, poñendo o foco en exercicios de flexibilidade, respiración e mobilidade. Esta actividade está enfocada, sobre todo, a persoas maiores.

Pola súa parte, os xoves tamén se desenvolverán as clases de zumba ás 18.45 horas, na que as persoas que participen poderán facer exercicio á vez que bailan as súas cancións favoritas. Ambas actividades terán lugar na antiga escola de Láncara.

0.13370704650879