A antiga escola de Láncara acolle un curso de primeiros auxilios

SarriaXa
Esta actividade desenvolverase o vindeiro 9 de novembro en horario de 09.00 a 14.00 horas
antiga-escola-lancara
28 Out 2024

A Xunta de Galicia, o programa Corresponsables, o Ministerio de Igualdade, Cru Roja, Afammer e a Asociación Cultural Val de Láncara organizan un curso de primeiros auxilios.

Esta actividade desenvolverase o vindeiro 9 de novembro en horario de 09.00 a 14.00 horas na antiga escola de Láncara.

Desta maneira, todas as persoas interesadas en aprender as nocións básicas dos primeiros auxilios e así poder axudar a quen o necesite, poderán facelo de maneira gratuíta.

0.15450310707092