A antiga escola de Láncara encheuse de cultura e talento infantil no Día das Letras Galegas

SarriaXa
Durante o acto, os asistentes puideron gozar dunha actuación musical a cargo dos nenos e nenas da Asociación Val de Láncara
Actuación-nenos-Val-de-Láncara
18 May 2025

A antiga escola de Láncara converteuse esta fin de semana nun espazo de celebración e cultura coa entrega dos premios polos traballos realizados polos nenos e nenas dos colexios de O Corgo, O Páramo e Láncara con motivo do Día das Letras Galegas.

A actividade, pensada para promover a creatividade e o uso da lingua entre os máis pequenos, familias e veciñanza nun ambiente de entusiasmo e orgullo pola cultura propia.

Durante o acto, os asistentes puideron gozar dunha actuación musical a cargo dos nenos e nenas da Asociación Val de Láncara, que puxeron banda sonora á xornada cun repertorio cheo de entusiasmo.

Ademais, os traballos realizados polos escolares foron expostos nas instalacións da antiga escola, amosando o compromiso e a sensibilidade dos pequenos coa lingua e a literatura galegas.

⚙ Configurar cookies
0.16110491752625