A área recreativa Manuel Fernández Arrojo de Láncara acolle a proxección dunha película este venres

Este venres, 14 de xullo, terá lugar unha proxección de Cine na Rúa da película 'El extraordinario viaje de T.S. Spivet' a partir das 22.30 horas na área recreativa Manuel Fernández Arrojo de Láncara.
O filme trata dun neno de dez anos que vive nunha granxa e que foi desenvolvendo un talento innato para a cartografía e os inventos. Un día, recibe a noticia de que o museo Smithsonian concedeulle o prestixioso Premio Baird pola invención da máquina do movemento perpetuo. Convídano a unha recepción e, sen dicirlle nada a ninguén, embárcase nun tren de mercadorías para chegar a Washington D.C.
Con esta actividade, foméntase a creatividade dos pequenos e é unha forma de xuntar aos veciños e veciñas do municipio nunha actividade especial.