A área recreativa Manuel Fernández Arrojo de Láncara acolle a visita dos Bolechas
Os Bolechas estarán este sábado na área recreativa Manuel Fernández Arrojo de Láncara para achegar a nenos e nenas unha tarde de diversión na que, ademais de aprender, van poder desfrutar dun momento lúdico cos seus amigos.
O espectáculo Os Bolechas deportistas viaxan no tempo estase a desenvolver no marco da programación de verán do FalaRedes 2023, o programa de dinamización lingüística da Xunta.
Esta iniciativa, no marco da Rede de Dinamización Lingüística co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega no deporte e os hábitos de vida saudables entre a rapazada.