A artista Estefanía Padullés pintou varios murais no CEIP de Paradela durante este curso
SarriaXa
A artista Estefanía Padullés pintou varios murais no CEIP de Paradela durante este curso con motivos da natureza
8 Xul 2023
O CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela conta este ano con murais novos en diversas aulas e espazos do centro educativo grazas á ilustradora, escritora e colaboradora do colexio Estefanía Padullés.
Estes murais, que se atopan na sala do comedor do colexio, así como nos corredores e nalgunha aula, forman parte do proxecto artístico da autora, quen tamén pintou o ano pasado un mural na biblioteca do colexio.
Así, mediante figuras infantís, diferentes cores e motivos naturais do bosque, nos que se integran animais como o corzo, o esquío ou o xabaril; mellórase a capacidade dos nenos e nenas do colexio por recoñecer a natureza no seu propio centro educativo.