A artista sevillana Amandub é a décimo sexta confirmación do Festival Tremeterra

SarriaXa
Esta artista comezou a súa traxectoria en 2016 participando en eventos familiares con sesións dixitais onde predominan os ritmos 'steppers'
Amandub-Tremeterra
12 Xuño 2024

Os organizadores do Festival Tremeterra do Incio veñen de confirmar a décimo sexta actuación do evento, que é Amandub, e actuará o vindeiro 31 de agosto no Encoro de Vilasouto.

"A máis pura enerxía sevillana aterra no Tremeterra da man de Amandub, co-fundadora do colectivo Equal Souls Collective", tal e como a presentan desde a organización.

Esta artista comezou a súa traxectoria en 2016 participando en eventos familiares con sesións dixitais onde predominan os ritmos steppers. En 2018, fixo a súa primeira aparición en Reggae Dub X, xunto a Cool Up Records e tamén formou parte do primeiro evento de Andalusican Corner Crew. Ademais, ten participado en en festivais como Manotas Dub, International Dub Gathering e Rototom.

0.11651611328125