A Asemblea Comarcal do BNG avalía o "resultado histórico" das eleccións galegas

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O partidos traballará da man da veciñanza e dos sectores económicos e produtivos para conseguir uns mellores servizos públicos e máis oportunidades para as galegas e galegos.
asemblea local bng lugo
1 Mar 2024

O partidos traballará da man da veciñanza e dos sectores económicos e produtivos para conseguir uns mellores servizos públicos e máis oportunidades para as galegas e galegos.

O BNG celebrou a súa asemblea comarcal en Lugo para avaliar os resultados obtidos nas eleccións do pasado 18 de febreiro. A asemblea lucense cualificou o resultado como "histórico", despois de acadar preto de medio millón de votos para o BNG, o que deixa o novo grupo parlamentario con 25 deputadas e deputados, un terzo do hemiciclo, con 4 deles representando á provincia de Lugo. Olalla Rodil, deputada electa por Lugo, afirmou que "nesta lexislatura deixarémonos a pel para defender os dereitos da xente de Lugo e dos sectores económicos, sociais e produtivos da nosa provincia".

A deputada do BNG afirmou que a organización se marca dous obxectivos principais, "aumentar a organización e comezar a traballar canto antes para mellorar a vida das galegas e galegos". Rodil agradeceu a todas as persoas que nas últimas semanas se uniron ao BNG ou pediron información para afiliarse á fronte. "Queremos aglutinar a máis persoas dentro do BNG, seguir explicando o noso proxecto para poñer en marcha a Galiza que queremos e merecemos e facelo como até agora, sempre coa man tendida, desde a confianza e o orgullo no que somos como País e como pobo".

O BNG traballará nesta lexislatura "man a man con todos os sectores para ser a voz das galegas e galegos no Parlamento, trasladando os problemas das veciñas e veciños de Lugo". “Seremos a voz das galegas e galegos sabendo que temos máis apoio que nunca”, afirmou Rodil, que engadiu "a cada problema explicaremos que faría un goberno do BNG para dar solucións, liderando unha oposición en positivo, focalizada nos problemas reais da xente".

0.17743802070618