A Asociacción Cultural Peleriños organiza un pasarrúas da man da Batucaba Cadabatú nas festas de San Xoán de Sarria

SarriaXa
A Asociacción Cultural Peleriños organiza un pasarrúas da man da Batucaba Cadabatú nas festas de San Xoán de Sarria
Asociación Peleriños
25 Xuño 2023

O pasado venres, 23 de xuño, deron comezo as grandes festas de Sarria, o San Xoán, que continúa a celebrar actividades ata o vindeiro martes 27.

No marco deste evento, ás 12.30 horas do día de hoxe Gaiteiros de Goián protagonizarán un pasarrúas pola vila sarriá anterior á sesión vermú das 13.00 horas, que se celebrará en tres lugares diferenciados: no cruce da Estación, con Mustélidos; no treito final da Rúa da Liberdade, con Proxecto Valley; no paseo do Malecón, con Gorrijazz; e ás 13.30 horas na Sociedade Recreativa La Unión, coa actuación de Carmen Álvarez ‘Mala Pécora’.

Xa pola tarde, a partir das 19.00 horas, a Asociación Cultural Peleriños organiza unha serie de pasarrúas, xunto coa Batucada Cadabatú. E á noite, sobre as 21.30 horas, terá lugar a cea de gala e verbena na Sociedade Recreativa La Unión, que contará coa actuación do grupo Kalima.

Para pechar a noite, virán á vila de Sarria dúas grandes orquestras de Galicia, a Olympus ás 22.00 horas e a París de Noia ás 00.00 horas, ámbalas dúas no campo de rugby do parque do Chanto.

0.17080116271973