A Asociación Amigos do Camiño de Sarria asistiu á presentación do proxecto piloto de Pilgrim

SarriaXa
La Asociación Amigos del Camino de Sarria participó en la presentación del proyecto de medición de peregrinos de Pilgrim.
presentación pilgrim asociacion amigos camiño sarria
16 Apr 2022

A Asociación Amigos do Camiño de Sarria asistiu á presentación que tivo lugar en Arzúa do proxecto piloto que Pilgrim puxo en marcha co fin de medir e analizar o volume de peregrinos que cada ano realizan as rutas xacobeas.

Este proxecto utiliza a innovación, a tecnoloxía e a analítica de datos. O dispositivo NPX é a base dun proxecto moi ambicioso debido á complexidade que supón medir con exactitude estes baremos.

Dende que comezou o ano 2022 xa foron 20.700 os camiñantes os que se animaron a realizar algunha das rutas, esta é a cifra máis alta rexistrada en toda a historia do Camiño e do Xacobeo.

O sistema de medición pretende ser complementario as estadísticas de Compostelas seladas na Oficina de Acollida ao Peregrino. Este suporía unha mellora na atención dos peregrinos ao poder establecer uns datos máis fiables da previsión dos camiñantes.

Este novo sistema de medición pretende levala a cabo a través de teléfonos móbiles con wifi ou bluetooth instalados en zonas estratéxicas do Camiño Francés, a ruta que máis peregrinos acolle. Isto facilitaría obter datos máis reais dos camiñantes que realizan a ruta xa que moitos deles non selan a Compostela ou non chegan a Santiago.

0.14890885353088