A asociación As Cavarcas do Incio organiza un curso de restauración de apeiros de labranza
SarriaXa
A terceira edición do curso celebrarase en Cruz do Incio en varias sesións durante o mes de agosto

10 Aug 2025
A Asociación As Cavarcas do Incio organiza un curso de restauración de apeiros de labranza e outros utensilios, que terá lugar os días 11, 13, 18, 19, 20 e 22 de agosto na antiga cámara agraria de Cruz do Incio, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
Os participantes deberán levar os obxectos que desexen restaurar para traballar directamente durante as sesións.
Esta será a terceira edición deste curso, que xa contou con unha gran aceptación e participación nas convocatorias anteriores.