A asociación As Cavarcas organiza a cuarta andaina polos montes do Incio e Samos

SarriaXa
A ruta, de dificultade baixa e uns tres quilómetros, incluirá unha visita ao Castro de Formigueiros e ás Mámoas de Santa Mariña o sábado 11 de outubro
Castro-de-Formigueiros
9 Oct 2025

A Asociación Cultural e Natural As Cavarcás organiza a súa cuarta andaina, unha actividade de sendeirismo que terá lugar o sábado 11 de outubro e que percorrerá parte dos montes situados entre os concellos do Incio e Samos.

A cita incluirá unha visita ao Castro de Formigueiros e ás Mámoas de Santa Mariña, dous enclaves destacados do patrimonio arqueolóxico da zona.

A saída está programada para as 10:00 horas desde o Alto do Couso, na estrada do Val do Mao cara a Samos, no límite entre ambos municipios. A ruta, de dificultade baixa e unha distancia aproximada de tres quilómetros, permitirá aos participantes descubrir un contorno natural e histórico de gran valor paisaxístico.

A actividade contará coa guía de montaña Iván Álvarez Merayo, quen acompañará aos asistentes durante o percorrido. As persoas interesadas poden escanear o código incluído no cartel informativo para coñecer o punto exacto de encontro.

⚙ Configurar cookies
0.072972059249878