A Asociación Crearte de Sarria presenta a programación na Palleira para a primavera

SarriaXa
Todas as actividades desenvolveranse en Manán e están abertas á participación de todas as persoas interesadas
A-Palleira-Manán-Sarria
9 Apr 2025

A Asociación cultural Crearte de Sarria presenta a programación na Palleira para a primavera deste ano 2025.

Así, en abril, o sábado 26 terá lugar un obradoiro de danza con Ángela D. Quintela e o domingo haberá unha xornada na natureza xunto ao río.

Xa en maio, o sábado 17 haberá un obradoiro de teatro con Fernando Díaz, o domingo 18 unha xornada na natureza, o domingo 25 un obradoiro de bisutería botánica con Ambarai, e o 29 un obradoiro de danza con João C. e Ricardo M. Ademais, cabe destacar que do 26 ao 31 de maio organizan unha residencia de creación con João e Ricardo.

Finalmente, en xuño, o día 14 terá lugar unha xornada na natureza de baños de bosque con Yésica Ríos e o domingo 15 haberá un obradoiro de danza con Noel Quintela.

Ademais, os xoves ás 20.00 horas terá lugar unha actividade quincenal de linguaxe corporal con Carmen Quintela.

⚙ Configurar cookies
0.14743685722351