A Asociación Crearte promove unha nova edición de 'Xogando coa Primavera'

SarriaXa
Trátase dun encontro interxeracional no que se promoverán dinámicas lúdicas e creativas, cun enfoque participativo e integrador
Encontro-de-Inverno-Asociación-Crearte-Sarria
13 May 2025

A Asociación Crearte promove, o vindeiro domingo, 18 de maio, unha nova edición de 'Xogando coa Primavera', unha actividade pensada para o desfrute de toda a familia, independentemente da idade.

O evento terá lugar nas instalacións da Palleira, situadas na rúa Manán número 10, en Sarria, en horario de 11:00 a 13:00 horas.

Trátase dun encontro interxeracional no que se promoverán dinámicas lúdicas e creativas, cun enfoque participativo e integrador que busca fomentar o vínculo familiar a través do xogo.

As inscricións están xa abertas, cun prezo de 15 euros para os non socios, mentres que os socios poderán beneficiarse dun desconto do 50%. Ademais, aplícanse descontos adicionais no caso de irmáns, tanto para socios como para non socios.

Para obter máis información ou formalizar a inscrición, a organización dispón do correo electrónico creartecendo@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.14484310150146