A Asociación Cultural Crearte de Sarria organiza un encontro en familia este domingo

A Asociación Cultural Crearte de Sarria convoca a todas as familias a participar no encontro 'Xogando co inverno con creartecendo', que se celebrará este domingo, 16 de marzo, en horario de 11.00 a 13.00 horas.
A actividade está pensada para todas as crianzas, de calquera idade, e se son moi novas, deberán estar acompañadas por algún familiar.
O evento ofrecerá unha mañá de convivencia, creatividade e xogo, onde as familias poderán compartir, crear xuntas e disfrutar dunha divertida experiencia.
Para garantir que todos os recursos sexan suficientes para os participantes, a asociación solicita que se inscriban previamente. O teléfono de contacto para realizar a inscrición é 677 22 94 63.
Os prezos son de 15 euros para o público en xeral, e 10 euros para as socias da asociación. Ademais, ofreceranse descontos para irmáns en ambos os casos.