A Asociación Cultural de Laiosa organiza o seu tradicional Magosto

SarriaXa
A xornada, que será este sábado 23, terá como punto final un espazo de música e chocolatada para o desfrute das persoas participantes
Magosto-Asociación-Laiosa-O-Incio
19 Nov 2024

A Asociación Cultural Laiosa, no Incio, organiza o Magosto o vindeiro 23 de novembro e anúnciano con moita ilusión, xa que "é a noticia máis agardada do outono", sosteñen. Así, din que este ano a xornada vai ser dun día enteiro, da mañá á noite porque "non nos chega o tempo a nada cando estamos xuntas".

O prato forte da iniciativa será ás 14.00 horas, cando terá lugar o xantar popular cun paso previo por un photocall que colocarán na entrada do seu local.

Despois do xantar, cara á tarde noite, desenvolverase o xogo do desafío, como todos os anos, que é unha iniciativa interxeracional, "con moita risa, pericia e talento". Ademais, esta actividade terá premios "xenuínos".

Para finalizar o día, haberá música e chocolatada para o desfrute das persoas participantes, que se poden apuntar ata o vindeiro 21 de novembro a través dos teléfonos 660 404 386 ou 699 488 711.

0.17058420181274