A Asociación Cultural Huhú organiza o primeiro Obradoiro de Fanzines de Sarria

A Asociación Cultural Huhú, coñecida polo seu dominio en fanzines, vídeos, punk, camp e todo tipo de propostas orixinais, invita a todo o público a asistir ao seu 1° Obradoiro de Fanzines e á proxección da mítica curta Mario Salvaje Veterinario.
O evento terá lugar o sábado 15 de marzo, de 17.00 a 19.00 horas, na Sede-Núcleo Difusor de Arte Contemporánea. Durante o obradoiro, os participantes aprenderán a crear os seus propios fanzines, mergullándose no mundo da autoedición de forma creativa e transgresora.
Ao finalizar o obradoiro, terá lugar a proxección da curta Mario Salvaje Veterinario, unha película rodada en Sarria no 1992. A curta mestura veterinarios, tolemia, oposicións e nazis, ofrecendo un espectáculo único ao estilo das películas de serie Z.
A participación no obradoiro require inscrición previa, debido á limitación de prazas. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a info@trienalsarria.com.