A Asociación Cultural Huhú presenta 'O Lexicón Freático' no marco da Trienal Sarria

SarriaXa
A exposición colectiva reúne obras de cinco artistas que exploran corpo, territorio e percepción en diálogo coa impresión tradicional
Bloque-3-Trienal-Huhu-Na-parede-está-todo-Sarria
7 Apr 2026

A Asociación Cultural Huhú inaugurará o vindeiro 18 de abril na Sede a súa nova exposición O LEXICÓN FREÁTICO — Volume 1, unha mostra colectiva que reúne traballos de Bárbara da Fonte, Clo Plas, João Vasco Paiva, Salvador Cidrás e Víctor.

As obras activan o proxecto desde o corpo, o territorio, a percepción, o coidado e o oficio, en diálogo cunha publicación do mesmo título realizada mediante impresión tradicional con tipografía móbil de chumbo.

Os traballos expostos non se limitan a ilustrar o léxico, senón que o poñen radicalmente en uso. A exposición esténdese ao espazo da Sede a través de pezas que exploran diferentes rexistros —corpo, paisaxe, duración, coidado e oficio— en relación directa co proceso de impresión realizado por Víctor e rexistrado en vídeo por Toño de López.

0.11301803588867