A Asociación Cultural Huhú prolonga a visita á exposición 'BIS/BARRA: Na parede está todo' esta fin de semana

A Asociación Cultural Huhú programa outra fin de semana de portas abertas para permitir ao público visitar a exposición 'BIS/BARRA: Na parede está todo', unha proposta que continúa dispoñible e que volve convidar a descubrir o traballo de creadoras e creadores da comarca.
A entidade anima á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse á súa sede e gozar dunha mostra que pon en valor a diversidade e a forza da creación artística local.
A exposición poderá visitarse o sábado en horario de mañá entre as 12:00 e as 14:00 horas e pola tarde de 17:00 a 19:00 horas, mentres que o domingo estará aberta de 12:00 a 14:00 horas.
A actividade desenvolverase na sede da asociación, o Núcleo Difusor de Arte Contemporánea, que se consolida como espazo de referencia para a difusión cultural e artística da comarca.