A Asociación Cultural Meigas e Trasgos presenta o programa completo da Noite Meiga

SarriaXa
Nesta festa celébrase a representación ritual arredor da figura mítica das meigas e do poder purificador do lume cada último fin de semana de agosto
Cartel-Noite-Meiga
17 Ago 2024

A Asociación Cultural Meigas e Trasgos presenta o cartel das actividades que formarán parte da súa Noite Meiga os días 30 e 31 de agosto e 1 de setembro.

A festa, na que colabora a Xunta de Galicia, o Concello de Sarria e a Deputación de Lugo, celébrase todos os anos na última fin de semana de agosto, na que se celebra a representación ritual arredor da figura mítica das meigas e do poder purificador do lume.

Así, o venres 30 de agosto ás 21.00 horas terá lugar a andaina popular desde a saída do cruce de catro camiños e ás 23.00 horas será o Concerto de Baiuca.

Pola súa parte, o sábado 31 terá lugar o pregón a cargo de Victoria Pérez Penela ás 20.00 horas, seguido da actuación da Banda de Música da Comarca de Sarria e os Clarisaxos para logo dar paso á actuación de Meigas e Trasgos ás 21.00 horas. Logo, ás 22.00 horas será a cea e á 01.00 horas da madrugada do domingo terá lugar a danza da Noite Meiga, pechando a noite coa actuación de Broken Peach.

Para rematar os actos da Noite Meiga, o domingo, 1 de setembro, haberá un obradoiro infantil ás 16.30 horas e, finalmente, terá lugar o concerto infantil Xavier Blanco ás 19.00 horas.

0.14652299880981