Desde a asociación cultural Os Gorriós de Louseiro organizan dúas actividades

SarriaXa
A primeira será un taller de ilustración da man da escritora e ilustradora paradelense Estefanía Padullés
os-gorrios-loseiro-portada
12 Aug 2024

A asociación cultural Os Gorriós de Louseiro, en Sarria, organizan o vindeiro 16 de agosto un taller de ilustración da man da escritora e ilustradora paradelense Estefanía Padullés e un contacontos en base ao seu libro ‘El reino de Libelín’ no colexio de Louseiro.

Ademais, esta non será a única actividade organizada pola asociación, o domingo 25 haberá un xantar de verán a base de empanada, polbo e carne ao caldeiro no campo da festa de Louseiro, con prezo de 35 euros para adultos e 20 euros para menores de 11 anos.

Esta iniciativa está dirixida a todos os veciños, socios e amizades que queiran achegarse a desfrutar da festa, para o que será preciso anotarse antes do 22 de agosto.

Ademais, despois do xantar, ás 18.00 horas haberá tamén no campo da festa a representación de 'A volta o mundo en oitenta notas' a cargo da compañía Curuxán dentro do programa Buxiganga da Deputación de Lugo.

0.15287113189697