A Asociación Cultural Peleriños de Sarria organiza a súa XXVII Xuntanza o 5 de xullo

SarriaXa
Contarase coa participación do grupo Eusko Lorak Dantza Taldea, procedente de Sestao (Bizkaia), e da propia Asociación Cultural Peleriños
Asociación-Peleriños-Sarria
30 Jun 2025

A Asociación Cultural Peleriños de Sarria celebrará o vindeiro sábado 5 de xullo de 2025 a súa tradicional Xuntanza de Peleriños, que acada xa a súa vixésimo sétima edición.

O evento terá lugar na Praza da Vila de Sarria, e converterá de novo á vila nun punto de encontro para a cultura tradicional galega e a irmandade entre pobos.

A programación comezará ás 19:30 horas cun pasarrúas dende o Malecón. A continuación, ás 20:00 horas, darán comezo as actuacións na Praza da Vila.

Contarase coa participación do grupo Eusko Lorak Dantza Taldea, procedente de Sestao (Bizkaia), e da propia Asociación Cultural Peleriños, anfitrioa do evento.

⚙ Configurar cookies
0.15517592430115