A Asociación Cultural Peleriños leva a festa de fin de curso infantil a Betote

SarriaXa
A iniciativa, que supón o peche das actividades do curso para os máis pequenos, ten como obxectivo achegar a cultura ás parroquias do rural
Peleriños-nenos-escola-infantil-Sarria
26 May 2025

A Asociación Cultural Peleriños celebrará o vindeiro sábado 1 de xuño, ás 12:30 horas, a súa festa de fin de curso infantil no campo da festa de Betote, en Sarria.

A iniciativa, que supón o peche das actividades do curso para os máis pequenos, ten como obxectivo achegar a cultura ás parroquias do rural e descentralizar os eventos que tradicionalmente se desenvolven no centro da vila.

Desde a asociación sinalan que esta escolla responde á vontade de poñer en valor as aldeas da contorna, como é o caso de Betote, que nesta ocasión acollerá aos pequenos artistas e ás súas familias nun ambiente festivo e cheo de alegría. “Comezamos levando ós nosos pequenos artistas ó campo da festa de Betote”, explican con ilusión desde a organización.

A Asociación Cultural Peleriños quixo tamén agradecer a colaboración da Asociación de Veciños de Betote e do Concello de Sarria, cuxo apoio fixo posible a realización desta xornada tan especial para os nenos e nenas que forman parte do colectivo.

⚙ Configurar cookies
0.064496040344238