A Asociación Cultural Peleriños leva o canto, a pandeireta e o baile tradicional á rúa

A Asociación Cultural Peleriños continúa apostando pola aprendizaxe aberta e participativa da música e do baile tradicional galego.
A Praza da Vila acolleu unha nova sesión das aulas de adultos dos martes, centradas no canto, a pandeireta e o baile, que se desenvolven en espazos abertos como parte da súa iniciativa para achegar a cultura á veciñanza.
O alumnado participou con entusiasmo nunha xornada chea de ritmo e tradición, onde non faltaron as ganas de aprender e desfrutar dun ambiente colaborativo e lúdico.
A sesión estivo guiada polo mestre Miguel Carballo, a quen desde a asociación agradeceron expresamente pola súa entrega e por compartir o seu talento co grupo.
Esta proposta ao aire libre forma parte do compromiso de Peleriños por fomentar o coñecemento e a difusión do patrimonio inmaterial galego, facendo da rúa un espazo vivo de formación e encontro cultural.