A Asociación Cultural Val de Láncara celebra este domingo o magosto

SarriaXa
Chega o magosto a Láncara este domingo 31 de outubro cunha serie de actos, que comezarán ás 13.30 horas no miradoiro da Pedreira.
cartel magosto lancara portada
26 Out 2021

Chega o magosto a Láncara este domingo 31 de outubro cunha serie de actos. Desta maneira, a Asociación Cultural Val de Láncara organiza un festexo de magosto xunto cunha homenaxe.

A xornada comezará ás 13.30 horas no miradoiro da Pedreira, cunha homenaxe ás directivas da asociación de 1992 a 2019. A continuación, realizarase un xantar e festexarase o magosto con música e ambiente festivo na antiga Escola de Láncara.

Dende a organización informan que os socios poderán participar gratis, mentres que os que non o sexan deberán de pagar 5 euros. Así mesmo, cumpriranse as medidas sanitarias correspondentes.

cartel magosto lancara asociacion
0.17150616645813