A Asociación Cultural Val de Láncara celebrará o seu propio Entroido

SarriaXa
A cita, que comezará ás 20.30 horas, contará con actuacións musicais e degustación de produtos típicos do entroido
Val-de-Láncara-Entroido
12 Feb 2026

A Asociación Val de Láncara volverá festexar o Entroido cunha xornada de música e gastronomía que terá lugar o domingo 15 de febreiro de 2026 na Antiga Escola de Láncara. A celebración dará comezo ás 20.30 horas e está aberta a toda a veciñanza, que está convidada a asistir disfrazada para encher de cor e ambiente festivo a noite.

Durante o encontro haberá degustación de produtos tradicionais propios destas datas, como liscos, chourizos, filloas e cachola, nunha proposta pensada para compartir mesa e celebración arredor das tradicións do entroido galego.

O programa inclúe tamén actuacións musicais para todos os públicos. Sobre o escenario participará o Grupo infantil Val de Láncara, ao que se sumará a actuación do Dúo Dilema, completando así unha velada que combinará animación, música e gastronomía popular.

Desde a organización animan á veciñanza a achegarse á antiga escola e a participar activamente na festa, contribuíndo a manter viva unha das celebracións máis emblemáticas do calendario festivo.

⚙ Configurar cookies
0.072065830230713