A Asociación Cultural Val de Láncara convoca un concurso de fotografía para o calendario de 2026

SarriaXa
As persoas participantes poderán enviar ata dúas imaxes antes do 27 de novembro e as gañadoras recibirán un calendario de agasallo
calendario-val-lancara
11 Nov 2025

A Asociación Cultural Val de Láncara vén de anunciar a convocatoria dun concurso de fotografía para elixir as imaxes que ilustrarán o calendario do ano 2026. O certame, aberto a toda a veciñanza, ten como temática o propio “Val de Láncara” e busca recoller instantáneas que amosen a beleza e identidade do municipio.

Cada participante poderá enviar un máximo de dúas fotografías ao correo electrónico da entidade, asociacionvaldelancara@gmail.com, indicando o seu nome, que aparecerá no fondo da imaxe seleccionada. O prazo para presentar as fotografías remata o 27 de novembro.

En total, seleccionaranse trece imaxes: unha para a portada e doce máis correspondentes a cada mes do ano. As persoas autoras das fotografías escollidas recibirán un exemplar do calendario como agasallo.

⚙ Configurar cookies
0.072475910186768