A Asociación Cultural Val de Láncara organiza a Festa dos Nenos e o Lume Novo

SarriaXa
Ambas actividades terán lugar o vindeiro domingo, 23 de xuño, na área recreativa Manuel Fernández Arrojo e na antiga escola de Láncara
Asociacion-Cultural-Val-de-Lancara
16 Xuño 2024

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza para o vindeiro 23 de xuño dúas actividades con motivo da celebración do San Xoán.

A primeira será a Festa dos Nenos, que terá lugar na área recreativa Manuel Fernández Arrojo do municipio lancarés, a partir das 17.00 horas e aberta á participación de todos os pequenos que queiran desfrutar de colchonetas e xogos.

Por outra parte, como sempre, a antiga escola de Láncara acollerá unha festa a partir das 20.30 horas baixo o nome de ‘Lume Novo’ na que poderán participar todas as persoas que así o queiran, desfrutando dunha cea a base de sardiños, liscos e panceta.

0.13715791702271