A Asociación Cultural Val de Láncara organiza novas actividades neste mes de outubro

SarriaXa
Desenvolveranse dous obradoiros e haberá unha representación teatral na antiga escola de Láncara
antiga-escola-lancara
12 Out 2024

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza novas actividades neste mes de outubro, que consistirán na representación dunha obra de teatro e dous obradoiros.

Desta maneira, o mércores 16 de outubro celebrarase un obradoiro de baile na antiga escola de Láncara de 17.00 a 19.00 horas.

Pola súa parte, baixo o nome de 'Na procura dun traballo', será a obra que se representará o vindeiro domingo, 20 de outubro, na antiga escola de Láncara ás 17.00 horas.

Por último, o vindeiro luns, 28 de outubro, terá lugar o obradoiro de arteterapia, tamén na antiga escola de Láncara, en horario de 16.00 a 19.00 horas.

0.11168193817139