A Asociación Cultural Val de Láncara organiza o Magosto na parroquia
SarriaXa
Ademais de castañas, as persoas participantes poderán desfrutar de música para que amenice a iniciativa

16 Oct 2024
A Asociación Cultural Val de Láncara organiza, o vindeiro venres, 25 de outubro, a súa tradicional festa do Magosto.
Durante a xornada, que comezará ás 20.30 horas, as persoas que se acheguen á antiga escola de Láncara, poderán desfrutar de panceta e chourizos, pero sobre todo castañas.
Ademais, tamén haberá música para que amenice a iniciativa e haberá un sorteo dunha televisión no que poderán participar os presentes.