A Asociación Cultural Val de Láncara organiza un campamento dixital do 4 ao 8 de agosto

SarriaXa
A iniciativa busca fomentar competencias dixitais útiles e seguras entre nenos, nenas e adolescentes na antiga escola de Láncara
antiga-escola-lancara
14 Jul 2025

A Asociación Cultural Val de Láncara, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, organiza un campamento dixital gratuíto dirixido a menores, que terá lugar na antiga escola de Láncara do 4 ao 8 de agosto en horario de 9:30 a 14:30 horas.

A actividade está orientada a nenos, nenas e adolescentes e forma parte do programa CODI (Competencias Dixitais para a Infancia), financiado pola Unión Europea e o Ministerio de Dereitos Sociais.

Durante o campamento, os participantes realizarán actividades adaptadas á súa idade para adquirir competencias dixitais de maneira creativa, responsable e segura, co obxectivo de aprender a utilizar Internet e as ferramentas dixitais de forma útil e consciente.

As actividades inclúen desde aprender a buscar información de valor, crear contidos dixitais, coñecer ferramentas de seguridade e protección de datos persoais, ata pautas para verificar información e detectar noticias falsas.

Tamén se traballarán hábitos saudables de desconexión e benestar dixital, consellos para controlar o tempo fronte ás pantallas, normas de comportamento nas redes sociais e habilidades para filtrar información ou detectar riscos de ciberacoso. Ademais, impartiranse recomendacións sobre protección de datos, identidade dixital e competencias para a procura de emprego.

As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a inscrición no teléfono 691 175 650, sendo unha actividade totalmente gratuíta e con prazas limitadas.

⚙ Configurar cookies
0.15310502052307