A Asociación Cultural Val de Láncara organiza un taller de cerámica e un obradoiro de xabóns artesanais

SarriaXa
As actividades celebraranse o 6 e o 17 de agosto, e terán un prezo de 5 euros para socios e 10 para non socios
xabon
23 Jul 2025

A Asociación Cultural Val de Láncara promove dous obradoiros en agosto, un de cerámica, o 6 de agosto, e outro de xabóns artesanais o 17 de agosto, unha proposta creativa dirixida a todas as idades.

O de céramica terá lugar entre as 17.00 e as 20.30 horas, mentres que o de xabóns se desenvolverá entre as 17:00 e as 19:00 horas.

As iniciativas, que se levarán a cabo na área recreativa, buscan fomentar a participación veciñal a través da artesanía e do aprendizaxe práctico nun ambiente ameno e interxeracional.

A actividade terá un custo de 5 euros para as persoas socias da asociación e de 10 euros para aquelas que non o sexan. As inscricións poden realizarse a través do número de teléfono 691 175 650 ata o 14 de agosto.

Esta proposta conta tamén coa colaboración institucional do Concello de Láncara, que apoia este tipo de actividades culturais e formativas orientadas a dinamizar a vida social do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.084724903106689