A Asociación Cultural Val de Láncara segue promovendo actividades para a veciñanza

SarriaXa
Desde a asociación ofrecen clases de zumba os xoves ás 18.45 horas na antiga escola de Láncara
antiga-escola-lancara
14 Out 2024

A Asociación Cultural Val de Láncara propón máis actividades para todos os veciños e veciñas e persoas interesadas.

Desta maneira, ofrece clases de zumba os xoves ás 18.45 horas na antiga escola de Láncara, así como haberá os xoves ás 19.25 horas clase de Circl Mobility, axeitado para estirar o corpo despois das clases de zumba.

Por outra banda, o vindeiro 26 de outubro, sábado, desde a asociación informan de que a Asociación Veciñal e Cultural de Cedrón organizan un curso de primeiros auxilios pediátricos que se impartirá na Casa Niño PapoRubio, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

0.16516399383545