A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago amplía horario en Sarria
SarriaXa
A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, na comarca de Sarria, amplía o seu horario de atención a peregrinos ata outubro.
8 May 2021
A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, na comarca de Sarria, amplía o seu horario de atención a peregrinos ata outubro, xa que se espera unha maior afluencia nesta tempada. Por esta razón, as instalacións estarán abertas de luns a domingo de 11:00 a 16:30 horas.
Según a propia asociación, nestas datas están recibindo en torno a media docena de camiñantes por día, a maioría, residentes da comunidade.