A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago espera unha "boa" Semana Santa

SarriaXa
A Asociación da comarca de Sarria espera que centos de peregrinos pasen pola vila e outros concellos durante a Semana Santa
Camiño-Frances-Triacastela
8 Apr 2025

"Xa está todo case ao completo", sosteñen desde a Asociación Amigos do Camiño de Santiago na Comarca de Sarria, que aseguran que será unha "boa Semana Santa" en canto ocupación hoteleira e cunha cantidade de peregrinos similar ao ano anterior no Camiño Francés que pasa por Sarria.

Porén, desde a Asociación lamentan o cambio que se produciu na concepción do Camiño desde o punto de vista da entrega da compostelana, xa que antes para conseguila había que facer 100 km ata Santiago de Compostela, pero agora vale facer 100 km do Camiño, sen ter que pasar por Santiago.

"Non ten sentido facer 100 km en calquera lugar e non chegar a Santiago. Agora podes facer 100 km do Camiño desde León e non chegar a Santiago, pero a esencia do Camiño é chegar a Santiago. Se non, é como facer sendeirismo por unha ruta", sosteñen desde a Asociación.

Ademais, isto prexudica a Sarria, xa que desde Sarria son 110 km ata Santiago e moita xente elixía empezar desde aquí tamén para desfrutar da vila e os seus encantos. Agora, moita xente seguirá facéndoo desde aquí porque é como unha tradición, pero igual outra xente decide facer os 100 km noutros lugares e non chegar a Santiago", lamentan.

⚙ Configurar cookies
0.1487500667572